Que se expresa habitual ou maioritariamente en galego
Etimoloxía
Voz formada coas palabras “galego” que vén do latín Gallaecus e estoutra, “falante” que é o participio presente de "falar" que se orixina no latín fabulāri.
Exemplos *
“As persoas galegofalantes en Castela e León non tiñan dereitos lingüísticos. A partir deste ano, o galego foi recoñecido legalmente no Estatuto de Autonomía e este feito trouxo consigo a posibilidade de introducilo no ensino.” (Manuel Pérez-Caurel: Sermos Galiza, 23-2-2017)
“Unha campaña a favor do plurilingüismo si tería sentido para procurar a lealdade lingüística das persoas galegofalantes en canto que posibilidade de seren entendidas.” (Goretti Sanmartín: Nos camiños do entusiamo. Calidade da lingua e planificación, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.