galeguismo

Afección a Galicia que se funda na defensa e mellora dos aspectos políticos, sociais e culturais que constitúen a súa identidade nacional

Etimoloxía

Termo creado co sufixo –ismo sobre a palabra “galego” que vén do latín gallaeci ‘os habitantes da Gallaecia’.

Exemplos *

“O galeguismo non nace coma un concepto racional senón en todo caso como o froito dunha razón-sentente, da que Rosalía de Castro soubo ser unha egrexia representante. Os alicerces filósofos do galeguismo cómpre buscalos, ó meu modo de ver , no ámbito da filosofía idealista e romántica , fundamentalmente alemá.” (Marcelino Agís: O Correo Galego,20-12-2000)

“O propio, o autóctono como centro do cal partir. Esta foi a causa de que escritores como Murguía, Risco ou Otero Pedrayo vexan no priscilianismo unha exaltación do galeguismo e mesmo do celtismo.” (Mª Xosé Queizán: Amantia / Apéndice, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.