galeguista

Partidario do galeguismo

Etimoloxía

Vocábulo que se forma tomando como base “galego” que vén do latín gallaecus ‘galego’.

Exemplos *

“Importante foi o papel da radio, que soubo evocar á terra nai, que lle deu voz a iniciativas culturais, que fixo de fogar nas ondas para galeguistas históricos no exilio e na emigración, dende Castelao a Luís Seoane ou Neira Vilas.” (Belén Puñal: Sermos Galiza, 18-6-2015)

“Mais eu agora non vou a falar coma galeguista senón coma namorado dun Arte que sendo rexional puidera conquerir universalidade.” (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Arte e galeguismo, 1919)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.