galeón

Barco de vela grande, semellante a unha galera, con tres ou catro paus, particularmente o barco español que realizaba o comercio con América entre os séculos XV e XVII

Etimoloxía

Préstamo que procede do francés galion ‘navío pequeno’.

Exemplos *

“Antes de que o terror lles permitise reaccionar, daría un salto sobre a cuberta do galeón inimigo que regresa das Indias cun cargamento de ouro (...)” (Santiago Jaureguizar: A rutina corsaria, 1998)

“Case paralelo ó Vao, un sonrío de moura area grosa, o vello galeón afastase do paso emproando a praia da Canteira (...)” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.