galera

Barco de guerra español longo e de baixo bordo con dous mastros de vela e a remos que se utilizou ata o século XVIII

Etimoloxía

Crese que procede dun vocábulo primitivo galea ‘embarcación grande de vela’, que bebe do bizantino galéa designación de diversos peixes cos que se comparaba a embarcación.

Exemplos *

“(...) Pero a galera que o traía foi apresada preto de Cadaqués ou de Palamós por unha flota turca.” (Siro López: Sobre o humor de Cervantes no Quixote, 2005)

“Ficou un par de días en Compostela e, de seguida, partiu para Pontevedra onde embarcou nunha galera española ancorada no peirao.” (Xosé Filgueira Valverde: Adral, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.