galerada

Proba da composición tipográfica que se saca para a súa corrección, antes da súa impresión definitiva / Anaco de composición que vai nunha galera

Etimoloxía

Trátase dunha voz derivada que se forma sobre estoutra palabra, “galera” que procede de “galea” (embarcación) que, á súa vez, procede do grego de Bizancio galéa ‘especie de quenlla’ de movementos rápido como os da nave.

Exemplos *

“Introduciu ao noso autor falando da relación existente entre ambos. E como a través do correo electrónico ao ir lendo o libro e as súas galeradas se decataba de que moitos dos personaxes os coñecera persoalmente noutro tempo da súa vida.” (Roberto Carlos Mirás: Novas do Eixo Atlántico, nº 89, 12-2015)

“Cando tiña que apurar unha entrega de galeradas íase cedo para o café, espazo que lle tolleita os degaros vocabulares e a parsimonia coa que se deleita en solitario , no seu cuarto de hotel.” (Margarita Ledo Andión: Trasalba ou Violeta e o militar morto, 1985)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.