Establecemento dedicado á exposición e venda de cadros, esculturas e outras obras de arte
Etimoloxía
Locución onde “galería” procede do baixo latín galilaea 'pórtico, adro' e “arte” tamén chega do latín ars, -tis de significado semellante.
Exemplos *
“Nina está a seleccionar obra para a inauguración da galería de arte. Ten moito interese nas esculturas dun artista que reside en Oeste.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
“O mesmo sentimento que agoirabamos nós cando, despois daquela visita ás principais galerías de arte da capital inglesa, durante os afoutados anos universitarios, sentiamos a súa presenza ao noso carón como unha compañía inevitable.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.