Persoa que dirixe unha galería de arte
Etimoloxía
Vocábulo que garda relación con estoutra palabra “galería” que bebe no baixo latín galilaea ‘pórtico’ ou ‘adro’.
Exemplos *
“Unha galerista, que coñecera nalgunha inauguración, estaba interesada en verlle as pinturas e, talvez, en expoñerllas.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Ao fin e ao cabo, o artista e o galerista presentes en Arco teñen a posibilidade de que se repare neles, de que entre ese maremagnum de olladas, seduzan a alguén (ah!, o mito do descubrimento...).” (Xosé M. Buxán Bran: A Nosa Terra, 17-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.