Parte máis elevada dun cine, teatro etc., onde se atopan as localidades máis baratas
Etimoloxía
Palabra que procede da latina gallinarium ‘sitio onde se crían as galiñas’.
Exemplos *
“Lennon, claro, dirixiuse primeiro ó proletariado, que ocupaba as prazas do galiñeiro, para pedirlles que gritasen e pateasen canto quixeran. Despois á pequena burguesía, pracidamente instalada na platea: podían aplaudir, que era o politicamente correcto.” (Xavier Navaza: O Correo Galego, 8-11-2000)
“Despois acompañábaa á única do teatro Principal _entre os palcos e o galiñeiro_ , mercáballe bombós doces como como o favo do mel e presumía de moza levándoa en automóbil pola rúa onde paraban os coches de liña, admirando a maleteiros e labregos que acudían ás consultas médicas.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / O mundo do motor ou viceversa. Affretando, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.