(Gallinula chloropus) Ave mergulladora da familia dos rálidos, de cor parda coas partes inferiores cincentas e unha mancha vermella na fronte que chega ata o peteiro amarelo.
Etimoloxía
Deriva de galiña, que chegou do latín gallina, -ae.
Exemplos *
"Saudados polo rechouchío dunha galiñola, feros corvos mariños gastan o peito nas ondas baixando cara a Arousa." (Anxo Angueira: Terra de Iria)
"Rallus aquaticus, Gallinula chloropus e Fulica atra, que son coñecidas entre nós cos nomes de galiñola, galiña de río, pita da auga, pita do río, pola da auga …" (Luís Daviña: O Correo Galego 01-05-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.