galla

Cada unha das partes que saen do toro das árbores ou do talo das plantas e arbustos, das que nacen as follas, flores e froitos.

Etimoloxía

Crese que podería vir dun adxectivo latino *galleus ‘gallado’.

Exemplos *

“-¿Que contas, Papoulos? -preguntou unha rula desde unha galla das árbores próximas á ventá na que el se atopaba.” (Xosé Fernández Ferreiro: O último paraíso)

“... tiveran tempo de fortificarse na beira do mar, xunta o campo das batallas, naquela punta onde hai un carballo moi grande que ten tres gallas case desde ó rente da terra.” (Darío Xohán Cabana: O cerco de ferro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.