galleta

Anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de fariña, azucre e outros ingredientes, como ovos, manteiga etc.

Etimoloxía

A forma procede do francés galette, formado sobre galet 'pedra pequena', ao parecer pola forma do doce.

Exemplos *

"Unha galleta rochosa, un dedo de leite condensado e unha lata de sardiñas para compartir co compañeiro." (Xavier López López: Os libros prestados)

"Ás veces gardábame algunha galleta, mercada cos cartos que xuntara pola semana." (Xosé Miranda: A neve e a cadeira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.