gallofa

Reunión de xente para comer e divertirse / Vida ociosa e vagabunda

Etimoloxía

Suponse que procede da expresión medieval galli offa ‘bocado do peregrino’.

Exemplos *

“Miro Loureiro envexando a aquela alegre gallofa dirixiu os seus trementes pasos cara ao restaurante o Centolo de Ouro. Un dos máis luxosos da rúa do Franco.” (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección, 2005)

“De sobremesa as mazás e peras e, como final de festa, un papagaio, que non era outra cousa que moras que esmagallábamos cunha pedra e comidas cun garfo feito de fento. Tiña o privilexio de lamber a pedra rematada a gallofa, algo que, cando había máis rapaces debiamos botar a sortes.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vaca, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.