Persoa á que lle gusta andar de festa e divertirse
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “gallofa” que significa ‘festa grande’ e que se cre que procede da expresión do latín tardío galli offa ‘bocado para o peregrino’.
Exemplos *
“A casiña de campo estaba ateigada de rapazolos gallofeiros que esqueceron a hora por estaren a xogar.” (Christine Nöstlinger: Horario de clase (trad. Alberto Álvarez Lugrís), 1998)
“...descubre a súa vocación literaria a carón doutros mozos nobres piacentinos, outros tantos amantes da arte, e en particular das letras, como da vida gallofeira e despreocupada.” (Vincenzo Iacomuzzi: Estudio introductorio a I Marmi de Antón Francesco Doni (trad. María Bernández Díaz), 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.