galo

Macho da galiña, de plumaxe abundante de diversas cores, cabeza cunha crista carnosa vermella e cola longa

Etimoloxía

Voz que vén da latina gallus de significado semellante.

Exemplos *

“Anque miña nai é pobre e teu pai é vinculeiro , aínda na nosa casa canta o galo no poleiro.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. I, 1992)

“Miña nai a maila túa / quedan no río berrando/ por culpa dunha galiña /que tiña amores co galo.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego, Vol. V Coplas, desprecios, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.