galopín, -ina

Rapaz que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen malicia

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde o francés galopin de significado semellante.

Exemplos *

“–Ves o que está a acontecer, por andar de galopín e non ir a escola e non vir á catequese non sabes onde está Deus!” (Celsa G. Hermida “Viñoa”: Anacos, 2001)

“–Pouco para un home da miña condición, que me dixeron que arredor da catedral andaban moitos galopíns e buscavidas, e que non era moi prudente andar coa bulsa chea.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.