Xogada do xadrez que consiste en sacrificar, ao principio da partida, un peón ou unha peza para lograr unha posición favorable.
Etimoloxía
A súa orixe é italiana, en concreto está na forma gambetto 'cambadela', derivado de gamba 'perna'.
Exemplos *
"O gambito de cabalo inicial, […] veuse abaixo de seguida cando […] conseguiu trocar o cabalo do contrario por un dos seus bispos." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)
¡A min con gambito de dama! (Tomás Barros Pardo: Tres pezas de teatro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


