gamela

Pequena embarcación que se usa na pesca de baixura e como barco auxiliar doutro maior xeralmente de fondo plano, chata na proa e na popa, que pode ser movida a remo, aínda que tamén pode levar vela ou un pequeno motor

Etimoloxía

Procede do latín camella, 'vaso'.

Exemplos *

“Con moito tento embarcamos na gamela enfiando a praia mexidos polo mar fervente.” (Xesús Franco González: Matalote / O fareiro de Ons, 2000)

“Seu pai ensináralle as rutas náuticas e el tamén, na Guardia, fíxose mariñeiro de gamela, orientando a singradura polas estrelas, levando máis alá da branca vela a encomenda da Virxen do Carme.” (Eliseo Alonso: A rúa do noxo, 1977)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.