gancha

Aparello empregado para mariscar, formado por un mango longo ao que vai unido un copo de malla metálica que leva uns dentes no bordo

Etimoloxía

Forma feminina de “gancho” que vén probablemente do céltico *ganskio.

Exemplos *

“Están autorizadas como artes de marisqueo desde embarcación os rastros ou angazos, os raños e as ganchas, que teñen como principais variantes as que se describen a seguir. O seu uso está permitido soamente desde embarcación.”(Ramón A. Rivas Lago: Manual Marítimo-pesqueiro: Galicia, 1996)

“Coñecidos tamén polo nome de raños, ou ganchas, aínda que na maior parte do Barbanza se coñecen como rastros, xa que os de rede deixáronse de utilizar.” (María Luísa López Otero: O mar do Barbanza. Etnografía do mar, costa de Rianxo a Corrubedo, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.