gándara

Terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza

Etimoloxía

Crese que é unha palabra de orixe prerromana.

Exemplos *

“Abandonarían aqueles páramos e gándaras infinitos para ocuparen os vales e agros da Galicia continental.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 7-10-2001)

“É emocionante deterse nos enxamios de parroquias que poboan os vales e as costas fértiles, e como se van espaciando nas altas chairas e gándaras batidas polo vento.” (Fernando García Pazos: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro / O mapa de parroquias de Galicia. Problemática da demarcación territorial da parroquia na cartografía actual, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.