gandeira, -o

Persoa propietaria de gando, persoa que trata con gando

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o vocábulo “gando” que remite, á súa vez, a “ganar” que vén probablemente do gótico *ganan ‘cobizar’.

Exemplos *

“Nese sentido, solicitaremos ao día seguinte das eleccións reunións cos organismos implicados na mesma porque o gandeiro e a gandeira son os maiores defensores do medio natural, xa que viven nel .” (Redacción: Terra Chá xa. Xornal independente da chaira, 2015)

“«Todo o mundo está a pasalo mal», explica unha gandeira de Sarria que prefire ficar no anonimato. «Co pouco que pagan polo leite non hai maneira de resistir.»” (César Lorenzo: Luzes, 6-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.