gando

Conxunto de animais mansos de catro patas como vacas, bois, cabalos, porcos, ovellas etc., que se crían xuntos para a súa explotación.

Etimoloxía

Considérase que estaría relacionado co verbo ganar, probablemente de orixe gótica, e inicialmente tiña o sentido de ‘ganancia’ ou ‘bens’, xa que os animais constituían a riqueza.

Exemplos *

“O gando da Terra Cha é moi fermoso: ollos grandes, corna levantada; o pelo teixo, fino, moi lustroso e o paso lento cando fai a arada.” (Manuel María: Terra Chá)

“Mantense a xente con grelos, coas follas críase o gando. Os carolos -¡hai que velos!- os porcos que están criando.” (Manuel María: Terra Chá)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.