Instrumento consistente nun arame forte dobrado nun dos extremos, que serve para abrir fechos en substitución das chaves
Etimoloxía
Vocábulo que bebe no equivalente procedente do éuscaro gantzua.
Exemplos *
“Andreu collera no coche algúns instrumentos que adoitaba levar con el "por se acaso", como ganzúas, ou un par de patas de cabra. A porta abriuse en segundos sen dano aparente.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
“Estreliña conseguiu unha ganzúa e un pouco de diñeiro, rapinando de aquí e de aló, e eu conseguín tamén algo pedíndolles propina aos que viñan a consultarme os seus problemas, sobre todo ás mulleres. Por fin, unha noite, mentres os demais durmían, emprendín a fuxida.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.