garabullo

Pau pequeno e delgado, que se usa sobre todo para prender o lume.

Etimoloxía

De orixe escura, crese que podería proceder dun termo prerromano *carba 'póla'.

Exemplos *

"Entra na cociña e prende unha poliña, un garabullo seco na parrumeira." (Eduardo Moreiras: Fogo solto)

"O lume esmorecía, e os últimos carozos e garabullos húmidos que eu andara apañando pola tarde para me quentar, consumíanse entre un montón de borralla gris e branca." (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.