garañón

Cabalo ou asno semental.

Etimoloxía

Para esta palabra proponse unha orixe xermánica, que podería ser a forma wranjo ‘semental’.

Exemplos *

“O garañón, puro acibeche, arrodeou o cruceiro con pasos de marcha real, saudou con elegante inclinación e logo mirou a fito cara o abade …” (Manuel Rivas: O último rei dos galegos)

“Viste o garañón de coiro lustrado e cando entra na ponte rincha e marca os ecos do paso de andadura …” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.