Froito seco, normalmente améndoa, bañado nun caramelo ou xarope que forma grumos ao solidificarse
Etimoloxía
Lexicalización do participio pasado do verbo “garapiñar” que bebe no latín vulgar *carpiniare que remite ao clásico carpere.
Exemplos *
“E alá marchaba, dereitiño para a casa, cando vin aquel neno chorando onda o posto das garapiñadas. Era tan cativo que aínda levaba pantalóns curtos.” (Manuel Darriba: Brais e os demais, 2010)
“Non se oía nin sequera unha radio e ben se vía que estaba abandonado así que volvinme e non andei remexendo nada. Pouco faltaba para as festas de Nadal e como estas cousas agárranse ó peito apenas puiden pasar bocado, o cal foi unha grande mágoa habendo tanta variedade e tanta garapiñada.” (Carmen Pereiras: pequenos infinitos, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.