Demostración de cariño que se fai a unha persoa con aloumiños e con palabras de afecto
Etimoloxía
Crese que a palabra poida vir do occitano antigo gratuza ‘rascadoiro’.
Exemplos *
“Ao entrar facíanos unhas garatuxas e, de cando en vez, depositaba unhas boliñas de anís nas nosas mans.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / O amigo do meu pai, 2014)
“A neve é nova e vella, ten mil anos e tamén se nos presenta como un meniño capaz de sorprendernos coas súas garatuxas.” (Pedro Rielo: Galicia Hoxe, 19-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.