garbeo

Paseo xeralmente curto

Etimoloxía

Vocábulo que está relacionado coa palabra “garbo” que remite ao italiano garbo de significado semellante.

Exemplos *

“Zoe tiña sempre ganas de saír, de dar un garbeo pola traseira da casa, cara ó monte e os coellos, ou de camiñar cara a banda do Sar cando atravesa a veiga, tan fértil polos aluvións que cada ano traen as cheas e tan pouco aproveitada nos seus cultivos.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“–Veña. Vaiamos dar un garbeo. Teño que airear o caletre. Paco levantouse de mala gana e Touriñán pechou a súa cazadora.” (Blanca Riestra: Noire Compostela, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.