gardarroupa

Conxunto de roupa dunha persoa ou institución

Etimoloxía

Palabra composta polo verbo “gardar” que nos leva ao xermánico *warda 'acto de buscar coa vista' e o substantivo “roupa” que bebe no gótico *raupa 'botín'.

Exemplos *

“—O máis aborrecible deste choio son os continuos cambios de indumentaria. Malia ás voltas que lle dou sempre ó meu gardarroupa, case nunca atino co traxe apropiado... Espero que este infausto suceso non enturbe a nosa relación .” (Raúl Dans: Cita co diaño, 1999)

“Domingos. —(Dende a porta, que ten a medio abrir. Vén vestido co millor do seu gardarroupa, e trae nas mans unha caixa de cartón, grande e aprastada). Tío Xacobe! Xacobe.” (Avelino Rodríguez Elías: O pano amarelo [acoutación], 1930)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.