Risa sonora e impetuosa
Etimoloxía
Palabra que nos remite a “gargallo” que ten unha orixe onomatopeica ligada á voz garg- ‘gorxa’.
Exemplos *
“Mais non paro moito, que chegan nese momento tres Peros dos que gosto. Pero da Ponte, Pero Amigo de Sevilla e Pero García Burgalés. Veñen rindo ás gargalladas das picardías dos xograres, en especial do xograr Cítola, que pretendía cobrar dúas veces a soldada. Acompañándoos vén tamén Joam García de Guilhade.” (Manuel Portas: Lourenço, xogar, 2017)
“Primeiro, un riso inseguro, interpretando o sentido do que viña de oír. Logo, un esmendrelle. Unha gargallada que implicaba todo o corpo.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste / Sagrado mar, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.