garlopa

Ferramenta do carpinteiro máis longa ca o cepillo e con puño, que serve para labrar ou tornar lisas as superficies de madeira.

Etimoloxía

A orixe deste termo parece estar no francés, aínda que se discute o étimo concreto de que procede.

Exemplos *

“… o que ía para carpinteiro xamais volveu coller nas mans serrón ou garlopa, nin tan sequera ó irse virando seu pai decrépito, e mesmo tampouco despois de finado.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro)

“Pasou días e máis días traballando na caixa, sen acabar de quedar conforme co resultado, coma se perdese de golpe toda a súa maña coa garlopa e o cepillo …” (Xavier López Rodríguez: Amigo medo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.