Recipiente para gardar líquidos feito xeralmente de vidro, aínda que tamén pode ser de barro ou metal, co corpo redondo, colo longo e estreito, e que pode estar revestido dunha funda de vimbio ou doutros materiais.
Etimoloxía
Pénsase que podería proceder do árabe garrafa 'recipiente de transportar auga'.
Exemplos *
"Como bebida, unha garrafa de viño do Rosal." (Manuel Forcadela: Barato, barato)
"…nos chanzos do cruceiro (…) estenderon un mantel e, dunha cesta, tiraron carne de tenreira asada, empanada de raxo, chourizos, pan, queixo e unha garrafa de viño…" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.