Bebida alcohólica de mala calidade, que se vende a granel
Etimoloxía
Creación sobre a palabra “garrafa” ao que se lle engade o aumentativo –on con matiz despectivo.
Exemplos *
“A estas horas coñezo un bar aberto (...) seguro que Gonzalo pode advertirme de se poñen ou non garrafón, que é un debate social de actualidade en moitos ambientes.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)
“Eu bebo cubalibres nos que moitas veces me poñen garrafón porque saben que ando mal de cartos e non vou protestar para que mos sigan dando a fiado cando o pida.” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe / Félix, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.