garrido

Pequeno regalo que se lles fai aos nenos.

Etimoloxía

Procede do latín garritus, –a, –us participio do verbo garrire 'piar dos paxaros'.

Exemplos *

"Poden ter por seguro que tampouco obsequiarei a ningunha criatura á que eu lle queira con garridos da casa anunciadora." (Helena Villar Janeiro: O Correo Galego 22-12-2000)

"E… pensando no garrido que me ían comprar cos cartos que me dera a madriña." (J.L. Graña Muíño: Cerdido: lingua e outras realidades)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.