garula

Castaña seca e sen casca que se garda moito tempo.

Etimoloxía

Termo de orixe escura, crese que podería vincularse ao latín vulgar *carulia diminutivo do termo de procedencia grega karyon 'noz', 'améndoa' ou 'abelá'.

Exemplos *

"As avoas do lugar achegaron outras receitas, como o caldo de garula […], caldo de melón […] ou papas de millo…" (E.D.: La Voz de Galicia 25-6-2004)

"Foi ó pote, quitou unha cunca acugulada de caldo con bastante garula, partiu un anaco de pan e doullo" (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.