garulada

Ruído estridente que forman moitos paxaros ao cantar simultaneamente / Reunión de xente que garula

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre “garular” que vén do latín garrulare ‘parolar’ que, á súa vez, bebe de garrulus ‘que pía [paxaros]’.

Exemplos *

“Cando atopamos moitos avespeiros no verán, no inverno teremos moita neve, a flor da xesta, fóra da súa época tamén significaba un inverno longo e rigoroso. Os corvos están considerados paxaros de mal agoiro, a súa garulada presaxiaba desgrazas ou a morte.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

“Cando ían pasando bandos de paxaros, a gansa nova e o amigo preguntábanlles sobre como era de estendido o neboeiro, e os paxaros ían proclamando algo coa súa garulada, algo que soaba como "Reina néboa sobre todo o mundo. Reina néboa sobre todo o mundo".” (Bernardino Graña: Curros Enriquez e os gansos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.