De cor clara preferentemente azulada
Etimoloxía
A orixe desta voz resulta incerta.
Exemplos *
“Cando vin os ollos garzos daquela criatura , alumeando unha faciana salferida de pencas e marxas rubescentes , decateime de que verdadeiramente chegara a terra.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)
“Deu a volta en redondo e, de improviso, atopouse de cara co pobre Ben Gunn, a quen non coñecía, cos seus ollos garzos arregalados e o seu sorriso de aloulado toleirán.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.