gasosa

Bebida sen alcohol preparada con auga azucrada na cal se disolven certas substancias que ao reaccionaren a saturan de gas.

Etimoloxía

Creouse a partir de gas, voz inventada polo científico van Helmont no século XVII.

Exemplos *

"Miran para o televisor entrementres agardan ante unha cervexa, unha cocacola, un vaso de viño, un café negro, unha gasosa, ou unha botella de auga mineral sen gas." (Francisco Alonso: Trailer)

"Naquela época as gasosas levaban unha bóla de vidro, un boliche na boca da botella, para non se lles escapar o gas." (Antón Cortizas: Leonel)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.