gastronomía

Arte da boa cociña e de apreciar os bos pratos

Etimoloxía

Termo culto que procede do grego gastronomía de significado semellante.

Exemplos *

“En gastronomía a interrelación entre distintas cociñas e tradicións, feita dende o respecto e a calidade non pode ser máis que positiva e a chegada de novas receitas, xunto a produtos propios, sempre avivecerá á cociña.” (Xosé Rey: A Nosa Terra, 9-1-2009)

“Fixo os últimos cen quilómetros e confesou que era a única camiñante que "engordou facendo o Camiño", pois quedou namorada da gastronomía galega.” (Álvaro Sal: De Luns a Venres, 18-10-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.