gateira

Furado feito na parte baixa da porta da casa para que entren e saian os gatos cando está fechada.

Etimoloxía

Deriva de gato, e este vén desde o latín cattus, -i, que acabou substituíndo o nome que se lle aplicaba ao animal salvaxe, feles, -is.

Exemplos *

"Converterei os muros en portas, as paredes en xanelas, coareime entre as fendas, nas gateiras, nos buratos da cheminea e, cando non me vexas, filtrareime nos teus soños …" (Teresa Moure: Herba moura)

"… como o pelello dun animal doméstico, que volveu da viaxe da noite coa labazada fría dos mortos, e non foi quen de atopar o oco da gateira." (Manuel Rivas: Os libros arden mal)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.