gato, -a

Mamífero carnívoro da familia dos félidos, doméstico, de cabeza pequena e arredondada, ollos brillantes que se adaptan á visión nocturna, patas curtas con fortes uñas retráctiles, pelo mesto e suave, rabo longo, do que existen moitas razas

Etimoloxía

Este vocábulo vén do latín cattus ‘gato’ que substitúe feles cando se domestica o animal na antiga Roma.

Exemplos *

“Cunha axilidade impropia do seu tamaño, o peludo persa materializouse de entre a escuridade do corredor e escoouse no interior da vivenda, rozando ao pasar as pernas da súa nova dona, de volta dun deses longos paseos que só os gatos saben onde levan.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Cos restos de comida, follas etc., pódese facer compost. Se tes cans, gatos, galiñas, porcos...  complementa a súa alimentación con restos de comida.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.