gato montés

Mamífero silvestre da familia dos félidos, semellante ao gato doméstico, pero máis grande

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “gato” que vén do latín tardío cattus e o adxectivo “montés”, derivado de “monte”, procedente do latín mons, montis. O nome científico que lle corresponde a este animal é Felis silvestris.

Exemplos *

“Tampouco hai por que estar todo o tempo comendo xabaril , podes combinar o xabaril co salmón . Iso ten sentido , se atopamos un río ... O nacemento dun río . Pois digo eu que a base de salmón ou mesmo de anguías , sen descartar o gato montés...” (Xosé Cib Cabido: Grupo abeliano, 1999)

“O padre Serafín explicoume que algúns animais salvaxes como o teixugo, o raposo ou o gato montés utilizan o interior destas árbores como gorida, sobre todo aqueles que estaban máis protexidos e só se podía acceder a eles a partir da parte superior do tronco.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.