gatuña

Planta herbácea da familia das papilonáceas, con talo espiñento, que pode ser leñoso, flores brancas ou rosadas e froito en legume.

Etimoloxía

Termo creado pola semellanza da planta que ten espiñas coma unllas dun gato.

Exemplos *

“...herba benta que tamén chaman valeriana _ Hélène salmodia a receita coma se estivese ante un tribunal da Santa Inquisición: segura de si, un pouco pretensiosa, como quen domina o seu saber _, un chisco de milenrama, dúas partes de agripalma, un nada de gatuña e de beladona, e... finalmente unhas herbas que non podo dicirche...” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

“Cando existe moito picor (comezón) convén tomar tisanas de gatuña e manzanilla, cada hora un pequeno vaso.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.