Rapaz que quere presumir de ser xa un home
Etimoloxía
Vocábulo de etimoloxía escura.
Exemplos *
“Ó pai de Andrea coñecíao Queizán dende os seus primeiros tempos na Coruña, cando era un gazafello de trece anos e abofexaba ata perde-lo alento turrando daquel carro do inferno.” (Manoel Riveiro Loureiro: O Patrón, 1990)
“Toda a veciñanza quixo saber quen era o que tanto dera que facer. Alí estaban os donos dos comercios, as costureiras, os empregados do concello, os mangoleteiros, a xente que non tiña cousa que facer e os pícaros gazafellos.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.