Período durante o cal grandes zonas da superficie terrestre estiveron cubertas polo xeo ou por glaciares.
Etimoloxía
Na súa base está a forma latina glacies 'xeo'.
Exemplos *
"Esta nosa vexetación natural foise reconstruíndo desde hai unhs dez mil anos, despois da última glaciación." (Roxelio Pérez Moreira: Ecoloxía forestal e ordenación do bosque)
"Mesmo existen moitos científicos que cren que poderiamos camiñar cara a unha nova glaciación." (Miguel Anxo Murado: Tempos Novos 01-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.