glícido

Substancia orgánica constituída por carbono, hidróxeno e osíxeno.

Etimoloxía

Esta forma deriva do grego glykys ‘doce’.

Exemplos *

“… débense evita-los glícidos refinados (como o azucre ou a fariña branca) porque o intestino absórbeos moi axiña e necesitan unha secreción igualmente rápida de insulina, e tomalos de máis lenta absorción …” (Miguel González Aguiar: O Correo Galego 24-12-2000)

“Por ser día de visita, van preparar unha libra de proteínas e glícidos. Espero que me preste. Ultimamente non soporto os glícidos en exceso …” (Xosé Durán: O asasino invisible)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.