Praza, xeralmente con árbores ou plantas, na que desembocan varias rúas.
Etimoloxía
Procede do francés gloriette, formado a partir de gloria, ao parecer aludindo ao agradable dese espazo.
Exemplos *
"A serea e o enxeñeiro miraron o monumento dende unha beira da glorieta que o circundaba, sen saíren da agradable sombra das árbores que os coidaba da calor." (Jaureguizar: Cabaret Voltaire)
"… unha azotea recuberta con dobre prancha de zinc, con balconada e escaleira recuberta por unha glorieta que incorporaba no cumio un cataventos provisional." (Rafael Sisto Edreira e Mª Luísa Losada Sanmartín: Historia da meteoroloxía e da climatoloxía en Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.