Rocha metamórfica, semellante ao granito, composta de cuarzo, feldespato e mica que forman unha estrutura en capas
Etimoloxía
Palabra tomada do alemán gneiss “chispa”.
Exemplos *
“As Rías Altas encádranse dentro de dous dominios xeolóxicos diferentes, o complexo de Cabo Ortegal e o dominio Ollo de Sapo, xunto coas contornas de influencia de gneis e cuarcita [...]” (Xunta de Galicia: Estudo integral das Rías Altas. Estudo das rías de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Barqueiro e Ortigueira. Hidrografía, dinámica, bioxeoquímica, sedimentoloxía, ecotoxicoloxía, microbioloxía, patoloxía e bioloxía das zonas de interese marisqueiro, 2012).
“O material empregado para os muros, tendo en conta que estamos a falar dunha terra pobre en granito, é a cachotería de gneis.” (José Astray Pena, Marcos Beiroa Raposo: As lareiras en Galicia, 2006).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.