Espírito ou ser fabuloso, da mitoloxía xermánica, con figura de anano, que habita no interior da Terra onde custodia as minas e os tesouros.
Etimoloxía
Apúntase como máis probable a hipótese de que proceda do latín gnomos, tomado do grego genomos ‘habitante da terra’.
Exemplos *
“É a única vida longa que un arelaría: a dun gnomo saudando centos de outonos que douran os nosos soutos.” (Xosé Manuel G. Trigo: Extintos básicos)
“A avoa era tola, antiga, porque debuxaba soños, porque falaba de fadas, de encantamentos, de gnomos …” (Paco Rivas: Cantaruxos do mar e outras cantigas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.