Vaso de madeira, metal, coiro, plástico etc., utilizado en certos xogos, como o parchís, os dados etc.
Etimoloxía
Termo procedente do francés gobelet, de significado similar.
Exemplos *
“Unha noite, nunha partida de dados a rincha-los dentes, fíxolle levanta-lo gobelete ó contrincante acusándoo de xogar con pezas trucadas.” (Xabier López López: O caderno, 2001)
“Repartiron as fichas e comezaron a ecoar os dados nos gobeletes.” (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.